.xxx | |
---|---|
![]() | |
Tipo | Dominio de Internet patrocinado |
Data de fundación | 15 de abril de2011 |
Eventos/Actividades | sunrise period e landrush period |
Na rede | |
http://icmregistry.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O dominio.xxx é undominio deInternet patrocinado de nivel superior deICM Registry, que formará parte do sistema de dominios de Internet a partir de 2011. Será un dominio exclusivo parapáxinas web con contidopornográfico ouerótico.
Fora proposto en2001 pola compañía ICM Registry e aprobado catro anos máis tarde polaICANN (Corporación de Internet para a Asignación de Nomes e Números) pero finalmente foi rexeitado en2006 logo de varias protestas de gruposconservadores erelixiosos. En 2007 ICM Registry fixo un novo pedido, e logo dunha reunión enLisboa o proxecto foi outra vez rexeitado pola ICANN.
En2010 o proxecto é novamente revivido. Logo de que estudos independentes concluísen que as decisións anteriores eran inxustas e que o plan debía de ser reconsiderado, a ICANN confirmou que os seus directores discutiriann este plan durante unha reunión o12 de marzo de2010 enNairobi, mais a mencionada reunión tivo demoras e a organización decidiu suspender a decisión final até xuño de 2010. O25 de xuño de 2010 logo dunha reunión enBruxelas a ICANN aproba definitivamente o dominio .xxx. Desta forma, xa se poden pre-rexistrar os dominios a través de ICM.