.me é oDominio de Nivel Superior xeográfico (ccTLD) paraMontenegro. O dominio de nivel superior.me substituíu a.yu (Iugoslavia) e.cg.yu empregado porSerbia e Montenegro. O rexistro.me é operado por doMEn, que gañou o contrato para facelo despois dun proceso aberto polo goberno de Montenegro e foi lanzado a través de numerosas rexistracións acreditadas arredor do mundo.
A extensión .me foi asignada a Montenegro como código de país despois de que se convertese nunha nación independente en xuño de 2006. Porén, o goberno de Montenegro decidiu que .me debería ser operado como un nome xenérico despois de considerar o potencial mundial da extensión.[1]
Os rexistros de terceiro nivel están dispoñibles para os cidadáns e compañías montenegrinos nos seguintes eidos:
- .co.me - sen limitación de rexistros, pero reservado para corporacións
- .net.me - sen limitacións de rexistros, pero reservados para provedores de servizos de Internet
- .org.me - sen limitacións de rexistros, pero reservado para organizacións e asociacións civís
- .edu.me - institucións educativas, como escolas de primaria e institutos
- .ac.me - Organizacións académicas e de ensino superior como universidades
- .gov.me - autoridades do estado e do goberno
- .its.me ou.priv.me - sen limitacións de uso, pero reservado a uso persoal
|
|---|
| Activos | |
|---|
| Reservados / sen asignar | |
|---|
| Asignados / ser usar | |
|---|
| En proceso de eliminación | |
|---|
| Borrados / retirados | |
|---|
|