Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

.fi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
.fi
Logo
Tipodominio de nivel superior xeográfico
Data de fundación1986
PaísFinlandia
Na rede
https://www.traficom.fi/en/communications/fi-domains/fi-domain-applicants-and-users
editar datos en Wikidata ]

.fi é odominio de primeiro nivel xeográfico (ccTLD) paraFinlandia. Está operado pola Autoridade Regulatoria de Comunicación de Finalndia (FICORA).[1]

Logotipo do dominio .fi. FICORA

O 4 de decembro de1986, o Grupo Finlandés de Usuarios de Unix fixo unha solicitude de rexistro de dominio de primeiro nivel xeográfico para Finlandia, desdeTampere. A solicitude foi aceptada e a administración do .fi concedéuselle inicialmente áUniversidade de Tecnoloxía de Tampere, aínda que máis tarde se lle transferiu primeiramente ao FICIX (Comunicación e Intercambio en Internet de Finlandia) e máis tarde á FICORA.

No pasado, FICORA regulou os dominios.fi dun xeito moi estrito. Os nomes de dominio só se admitían para nomes de compañías ou empresas que dispuxesen demarcas comerciais rexistradas. Esta política levou moitas empresas finlandesas a solicitar outros dominios de nivel superior diferentes. O criterio cambiou o 1 de setembro de2003. Desde esa data, permíteselle rexistrar nomes baixo este dominio a calquera empresa.[2]

Desde o 1de setembro de2005, os dominios .fi poden conter oscaracteresescandinavos (ä, å, ö), aínda que o seu uso non se recomenda como dominio primario. Desde o 1 de marzo de2006, Tamén os particulares poden acceder a este dominio. Porén, seguen vixentes algunhas restricións, como a de que os nomes de empresas e de marcas só poden ser solicitados polos seus respectivos titulares, para evitar a fraude.

FICORA comezou a apoiar a seguridade do sistema de nomes de dominio (DNSSEC) no dominio .fi a finais de2010.[3]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. "Fi.domain". FICORA.(En inglés)
  2. "Fi-domain names now available for everyone all around the world". FICORA.(En inglés)
  3. Husa, Ari.Matti.".fi and DNSSEC". 2016.(En inglés)

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Activos
Reservados / sen asignar
Asignados / ser usar
En proceso de eliminación
Borrados / retirados
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=.fi&oldid=6705952»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp