.cl é oDominio de Nivel Superior xeográfico (ccTLD) paraChile creado en1987[1]. É administrado por NIC Chile, organismo dependente daUniversidade de Chile. O regulamento para o funcionamento do Rexistro de nomes de dominio .CL, vixente desde decembro de2013, eliminou o requisito previo de identificación persoal ao momento de inscribir un nome. Excepcionalmente, NIC Chile resérvase a facultade de pedir información que comprobe a identidade do titular, cando sexa necesario.
Asintaxe dos dominios que poden ser inscritos en NIC Chile (como wikipedia.cl), encóntranse descrita nasRegras de Sintaxes vixentes.
O rexistro de dominio, tanto parapersoas físicas como paraempresas, foi gratuíto ata1997. Actualmente, ten un valor deCL$ 9 950 con 19 %IVE incluído polo primeiro ano de cobertura da inscrición.
Ademais de nacións comoAlemaña,Austria,Brasil ePolonia,Chile permite o registro deNome de dominio internacionalizado (IDN), é dicir, con caracteres non-ASCII.
Chile é o primeiro país delingua castelá en permitir o rexistro de dominios convogaisacentuadas (á é í ó ú), a letraU condiérese (ü) e a letraÑ desde o21 de setembro de2005[2], como por exemplowww.ñandú.cl.
Baixo este dominio, a diferenza do resto deAmérica Latina, non existe a obriga de someterse baixo un dominio de segundo nivel (SLD); calquera rexistrante pode obter un dominio de segundo nivel.
Desde abril do 2011 soportaDNSSEC, a zona está asinada e, polo tanto, calquera dominio que queira asinar os seus rexistros pode facelo[3].
O día23 de marzo de 2016 acadouse a cifra de 500 mil dominios rexistrados e activos[4].
A partir do ano 2007, os nomes de dominio .CL poden informar DNS con rexistros IPv6 (AAAA)[5] e desde2008 dispón de servidores de nome para .CL con soporte IPv6, desde a súa inclusión na raíz do DNS, en xaneiro de 2008. No informe de Hurricane Electric do28 de maio de2012, .cl aparece como dominio con soporte para IPv6 e con nameservers en IPv6[6]. Para xuño de2016, todos os seus servizos en liña son compatibles con IPv6.
NIC Chile ten realizado esforzos pioneiros para preparar a súa adopción planificada e exitosa das tecnoloxías IPv6. No ano 2005 obtivo o seu prefixo IPv6 (2001:1398::/32), activando conectividade IPv6 en forma experimental desde inicios de 2006. Desde mediados de 2008 contou con conectividad nativa IPv6 (dual stack) e participou en 2009 no primeiro banco de probas IPv6 de Google.
A organización fomentou e colaborou, con esforzos locais e rexionais, na sensibilización e capacitación sobre o protocolo numérico de nova xeración, participando en 2005 e 2007 nos seminarios "IPv6 Tour", organizados en Santiago de Chile xuntamente con LACNIC e a Subsecretaría de Telecomunicacións (Subtel). No ano 2011, o Laboratorio de Investigación Aplicada e Transferencia Tecnolóxica de NIC Chile, en conxunto con Subtel e co apoio da Corporación de Fomento da Produción, desenvolveron o proxecto "IPv6 para Chile"[7], orientado ao desenvolvemento dun roadmap para a posta en funcionamento de IPv6 nas principais redes de conectividade dixital de Chile, establecendo un plan que involucraba operadores, axencias gobernamentais e empresas interesadas en desenvolver o tema.[8]
Todas as referencias en castelán agás cando se indique o contrario.
|
|---|
| Activos | |
|---|
| Reservados / sen asignar | |
|---|
| Asignados / ser usar | |
|---|
| En proceso de eliminación | |
|---|
| Borrados / retirados | |
|---|
|