.bg é oDominio de Nivel Superior xeográfico (ccTLD) paraBulgaria. Está operado porRegister.bg.
As pautas para o rexistro de nomes no dominio impoñen que estes teñen que ser rexistrados por compañías e organizacións búlgaras, ou compañías de fóra que teñan presenza representativa en Bulgaria. O nome do dominio ten que representar o nome da compañía ou unha abreviación del. En xeral, calquera nome pode ser rexistrado se primeiramente é rexistrado no Rexistro búlgaro.
O prezo do rexistro é de 30euros por ano (36 € incluíndo oIVE).
Até mediados de 2006, o prezo era de 50USD para o rexistro e logo 50 USD por ano (dando un total de 120 USD incluíndo o IVE para o primeiro ano). Para o nivel local, isto era un prezo moi alto e moitas páxinas web búlgaras rexistráronse baixo dominios.com,.org, ou.net, pois os custos de rexistro son significativamente máis baixos (de 8 a 12 USD por ano) e con menos dificultades burocráticas.[1]
Desde o 25 de agosto de 2008, Register.BG simplificou os procedementos, permitindo o rexistro co .bg sen prover documentación (marca, nome da empresa) para o nome.[2] As disputas que se poidan dar serán resolvidas a través dunha comisión de arbitraxe de recente creación.[3]
Desde o 18 de setembro de 2006, Register.bg propón novos subdominios de terceiro nivel baixo a.bg, b.bg etc, (unha letra latina ou un díxito máis o .bg) a un baixo prezo (12€/ano incl. IVE), con menos restricións.[2] Está principalmente feito para persoas individuais.[4]
O 5 de setembro de 2009, Register.bg comezou a aceptar nomes de segundo e terceiro nivel encirílico con letras que só hai nalingua búlgara.[5]
|
|---|
| Activos | |
|---|
| Reservados / sen asignar | |
|---|
| Asignados / ser usar | |
|---|
| En proceso de eliminación | |
|---|
| Borrados / retirados | |
|---|
|