.ax é oDominio de Nivel Superior xeográfico (ccTLD) para asIllas Åland, introducido no 2006. Previamente, a maioría das páxinas web de Åland estaban baixo osubdominio.aland.fi.
O 17 de febreiro de 2006, o parlamento finlandés aprobaba unha modificación das leis de regulación dos nomes de dominios fineses para incluír o.ax como dominio de nivel superior. Durante tres anos, o subdominioaland.fi sería sendo mudado mentres se empregaba o.ax, sen que se aceptasen máis rexistros baixo o subdominioaland.fi.
O 17 de marzo de 2006, o presidente de FinlandiaTarja Halonen asinaba a modificación como lei, tornándose efectiva o 27 de marzo de 2006. O goberno de Åland comezou a aceptar rexistros inmediatamente despois de cambiarse a lei.
O 9 de xuño de 2006, oICANN aprobou delegar o dominio.ax para o goberno de Åland. O.ax foi adherido ároot zone o 21 de xuño de 2006, e tornouse activo o 15 de agosto de 2006.
Os nomes de dominio poden ser outorgados a:
- Unha persoa xurídica que teña negocios ou estea rexistrada nas Illas Åland. (A cidadanía finesa ou rexistro corporativo non é suficiente; requírese unha residencia de 5 anos no lugar.)
- Unha entidade do sector público, do goberno, institución ou asociación pública que actúe ou estea rexistrada nas Illas Åland.
- Unha persoa, de polo menos 15 anos, que teña a súa residencia nas Illas Åland ou que cumpra o Dereito de Domicilio establecido nas leis autonómicas.
|
---|
Activos | |
---|
Reservados / sen asignar | |
---|
Asignados / ser usar | |
---|
En proceso de eliminación | |
---|
Borrados / retirados | |
---|
|