Unélitro (dogrego ἔλυτρον,elitron, 'vaíña, cuberta')[1][2] é unha á anterior modificada e endurecida de certas ordes deinsectos, que son fundamentalmente oscoleópteros e algúnshemípteros; non obstante, na maioría dos hemípteros, as ás anteriores son denominadashemélitros, nas que só a metade basal está engrosada, mentres que o resto é membranoso.
Os élitros serven principalmente como estoxos que protexen as ás posteriores que están debaixo, que son as que se utilizan para voar. Para voar, un escaravello abre os seus élitros e despois estende as ás posteriores, botándose a voar mantendo os élitros abertos, aínda que algunhas familias deScarabaeidae eBuprestidae poden voar cos élitros pechados.
Nalgúns grupos, os élitros están fusionados, o que fai que non poidan voar. Algúns dos escaravelloscarábidos son un bo exemplo disto.
O termo tamén se usa para describir as escamas dalgúns vermespoliquetos, como osPolynoidae.[3] Estas extensións da parede corporal distínguense dasquetas, que crecen a partir de folículos e posúen raíces.[4]