Éire é o nomeirlandés para denominar a illa deIrlanda e opaís soberano con ese mesmo nome.
A palabra do irlandés modernoÉire evolúe da palabraÉriu doirlandés antigo e dá nome a unha deusagaélica. Segundo a crenza xeral,Ériu foi a deusa patroa de Irlanda, deusa da soberanía ou da terra. A orixe de Ériu remóntase á reconstrución doprotocéltico *Φīwerjon- (nominativo singularΦīwerjū < preprotocéltico-jō).,[1] o que suxire que provén da reconstrución doprotoindoeuropeo *piHwerjon-, relacionada probabelmente coa raíz adxectival *piHwer- (cf.Sánscritopīvan, pīvarī epīvara, que significan 'gordo', 'cheo' e 'abundante'). Esta etimoloxía suxire o significado de 'terra abundante'.
A protocéltica pasou a serĪweriū ouĪveriū enprotogoidélico.[2] É moi probábel que os exploradores tomasen este termo e o modificasen.Piteas, durante a exploración do noroeste de Europa (c. 320 a. C.), denominou a illaIerne (escritoἸέρνη). Por outra banda,Tolomeo referiuse á illa comoIouernia (escritoἸουερνία) no seu libroGeographia (c. 150). Baseándose neses testemuños históricos, o Imperio Romano denominou a illaHibernia.
Deste xeito, a evolución da palabra pode representarse da seguinte maneira:
Outra posíbel etimoloxía provén dogaélico:
Este significado é parecido ao do nomenórdico "homes do oeste" que denomina o pobo irlandés, e que posteriormente deu nome ás Illas Vestman, un grupo de illas deIslandia.
Éire é simplemente o nome en lingua irlandesa para Irlanda, e ás veces utilízase eninglés. Erin, en cambio, é un nome poético común para referirse a Irlanda, como na fraseErin go bragh ('Irlanda por sempre'). A distinción entre os dous termos baséase nunha das diferenzas entre oscasos dos substantivos en irlandés.Éire é ocaso nominativo: o caso que, nas linguas gaélicas modernas, se utiliza para ossubstantivos que constitúen osuxeito dunha oración, é dicir, o nome que está a levar a cabo a acción, así como ocomplemento directo dunha oración.Erin deriva deÉirinn, ocaso dativo irlandés deÉire, que substituíu o caso nominativo irlandés endéise (e nalgúns subdialectos non estandarizados doutros lugares), engaélico escocés (onde a palabra utilizada habitualmente para Irlanda éÈirinn) e enmanés (un tipo de gaélico), onde a palabra se escribeNerin. Probablemente an- inicial era, na súa orixe, unha fosilización da preposiciónin/an "en" (cf. irlandésin Éirinn, escocésan Èirinn/annan Èirinn 'en Irlanda'). Ocaso xenitivoÉireann utilízase nas formas gaélicas dos nomes das empresas e institucións de Irlanda, por exemplo, enIarnród Éireann (sistema ferroviario irlandés),Dáil Éireann (Parlamento irlandés) ouPoblacht na hÉireann (a República de Irlanda).
O Artigo 4 da Constitución de Irlanda aprobada en 1937 establece queÉire é o nome do Estado, excepto en lingua inglesa, que éIreland.[4] O preámbulo da constitución en lingua inglesa tamén describiu á poboación como "Nós, o pobo de Éire". Aínda que o Artigo 8 estableceu que oirlandés era a lingua nacional e a primeira lingua oficial, na práctica era oinglés a lingua primeira de uso oficial e social, e a forma irlandesaÉire desapareceu, en boa medida, das conversacións cotiás e da literatura en inglés.
O nomeÉire utilizouse nos selos postais irlandeses desde 1922, en todas as moedas irlandesas (incluídas as moedas de euro de Irlanda) e xunto conIreland nos pasaportes e outros documentos oficiais do estado publicados desde 1937. Éire tamén se utiliza no selo do presidente de Irlanda. Antes da Constitución de 1937, usábase de maneira xeneralizadaSaorstát Éireann (o nome irlandés para referirse aoEstado Libre Irlandés).
Durante a 'Emerxencia' (nome utilizado para referirse ásegunda guerra mundial), os barcos irlandeses tiñan a palabraEIRE (e abandeira de Irlanda) pintada nos dous lados e na cuberta de maneira moi visible, para seren identificados como "neutrais".
Entre 1922 e 1938, a placa internacional dos coches irlandeses era SE. Desde 1938 até 1962 foiEIR, as tres primeiras letras deÉire. En 1961, o instrumento lexislativo núm. 269 permitiu o uso de "IRL", e cara ao 1962 adoptouse "IRL".[5] O político irlandés TD Bernard Commons suxeriu aoDáil Éireann en 1950 que o goberno examinase "a placa identificadora de turistas coas letrasEIR (...) con vistas á adopción de letras identificadoras que puidesen ser asociadas máis facilmente a este país polos estranxeiros".[6]EIR tamén se mostra noutras leis, como o instrumento lexislativo do seguro do coche nº 383 de 1952 e nº 82 de 1958.[7][8]
Baseándose no Convenio sobre Aviación Civil Internacional de 1947, asaeronaves matriculadas irlandesas levaron unha marca de matrícula que empezaba porEI, deÉire.
Desde xaneiro de 2007, nas reunións da Unión Europea, as placas indicadoras do goberno irlandés teñen amosado tantoÉire comoIrlanda, a consecuencia da adopción doidioma irlandés como lingua de traballo daUnión Europea.
En 1938, na lei do parlamentoEire (Confirmation of Agreements) Act 1938, o goberno británico contemplou que, desde ese momento, a lexislación británica puidese referirse ao Estado Libre Irlandés, comoEire (pero non comoÉire). A lei de 1938 foi revogada en 1981, e hoxe este termo apenas se utiliza en inglés británico moderno. En 2011, aínda podía verse nalgunha sinalización de aeroporto, por exemplo oAeroporto John Lennon de Liverpool dispón dunha zona de chegadas para "Eire andChannel Islands".
En xeral, aos falantes de irlandés non lles gusta o termo Eire, en parte porque contén unha falta de ortografía e porqueeire tamén pode significar ‘carga’, ‘peso’ ou ‘estorbo’, o que lle achega un matiz un tanto pexorativo ao nome da illa e/ou ao estado.[9]
En 1937, fundouse a "Eire Society of Boston", un influente grupo irlandés estadounidense.[10]
Éire tamén se introduciu nos nomes de entidades comerciais e sociais irlandesas, como Eircom Group plc (anteriormente chamada "Telecom Éireann") e a súa antiga rede de telefonía móbil, Eircell.[11] En 2006 a rede eléctrica irlandesa delegouse a EirGrid. A compañía "BetEire Flow" (eFlow), cuxo nome é uncalembur debetter (‘mellor’), é un consorciofrancés que xestiona un sistema de peaxe electrónica na ponte de West-Link, no oeste deDublín.[12] Segundo o rexistro de empresas irlandés (Irish Companies Registration Office) de Dublín, en 2008, uns 500 nomes de compañías incluían a palabra Éire dun modo ou outro.[13]
En ocasións, estas incorporacións queren dar un toque humorístico ou irónico, como a banda de pop chamada ScaryÉire, ou "Éirvana", un artigo de Cormac Ó Gráda do 2007 acerca da economía doTigre Celta[14][15]
![]() | A Galipedia ten unportal sobre:Irlanda |
![]() | Vexa a entrada doGalizionario acerca de Éire |