Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Édith Piaf

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaÉdith Piaf

(1946)Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(fr)Édith Giovanna GassionEditar o valor en Wikidata
19 de decembro de 1915Editar o valor en Wikidata
París, FranciaEditar o valor en Wikidata
Morte10 de outubro de 1963Editar o valor en Wikidata (47 anos)
Grasse, FranciaEditar o valor en Wikidata
Causa da mortehemorraxia internaEditar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio do Père-Lachaise, 9748°51′35″N2°23′56″L / 48.859683,2.398894
Grave of Gassion-Piaf(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Outros nomesÉdith PiafEditar o valor en Wikidata
ResidenciaFrancia(1956–)
Estados Unidos de América(1955–1956)
París(década de 1920–1955)
NormandíaEditar o valor en Wikidata
Altura147 cmEditar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante, chansonnière, artista urbana, artista discográfica, actriz, compositora de canciónsEditar o valor en Wikidata
Período de actividade1935Editar o valor en Wikidata - 1963Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoChanson,chanson réaliste(en)Traducir ebalada(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
TesituraContraltoEditar o valor en Wikidata

InstrumentoVozEditar o valor en Wikidata
Selo discográficoPolydor(1935–1946)
Pathé-Marconi(1946–1963)Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeTheophanis Lamboukas(1962–1963)
Jacques Pills(1952–1956)Editar o valor en Wikidata
ParellaLouis Gérardin(1951–1952)
Marcel Cerdan(1948–1949)
Yves Montand
valor descoñecidoEditar o valor en Wikidata
FillosMarcelle Dupont,biological daughter
 ()Editar o valor en Wikidata
PaisLouis GassionEditar o valor en Wikidata  e Line MarsaEditar o valor en Wikidata
Cronoloxía
14 de outubro de 1963funeral (Cemiterio do Père-Lachaise)Editar o valor en Wikidata
Premios
SinaturaEditar o valor en Wikidata

IMDB: nm0681191Allocine: 13764IBDB: 56151
Facebook: edithpiafofficielYoutube: UCARjHLPR4WYEDiqm-9nXFtAEnciclopedia Galega Universal: 167339BNE: XX889519Spotify: 7KwwuvecjDIIeGwQ3vQXRALast fm: Édith+PiafMusicbrainz: 4f8ef4a3-40fa-46b5-8773-97686a8424f4Songkick: 311997Discogs: 156406Allmusic: mn0000150629WikiTree: Gassion-2Find a Grave: 1334Deezer: 2908Genius: Edith-piafEditar o valor en Wikidata
Busto de Édith Piaf en Polonia

Édith Giovanna Gassion, coñecida polo seu nome artístico deÉdith Piaf, nada enParís o19 de decembro de1915 e finada enPlascassier,Grasse,Alpes Marítimos, o10 de outubro de1963, foi unha cantante, compositora e actriz francesa.

Converteuse na iconaparisiense da década de1950, tanto enFrancia coma fóra do país, en especial enEstados Unidos onde se consagrou en1956 noCarnegie Hall deNova York.

O Museo Edith Piaf, dedicado á súa memoria, atópase na rúaCrespin du Gast, no XI distrito deParís.

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

Primeiros anos

[editar |editar a fonte]

A lenda conta que Édith Piaf naceu debaixo dun farol diante do número 72 darue de Belleville, en París, de pai acróbata (Louis Alphonse Gassion, natural deNormandía) e nai cantante, que os abandona ó pouco de nacer. Pasou a súa primeira infancia na casa da súa avoa materna, que a tiña desatendida, ata que o seu pai, á volta da guerra a leva coa súa avoa paterna, que era a madama dunprostíbulo, así a nena Edith pasou a súa infancia entre as prostitutas do negocio familiar, ata que o pai a leva con ela para que lle axude no seu traballo no circo. Así comezou no mundo da canción, unha vida nómade ata que abandonou o seu pai para ir vivir a París. Os seus primeiros pasos neste terreo deunos cun repertorio de cancións populares.

No1935, mentres cantaba na rúa para sacar uns cartos, coñeceu a Louis Leplée, xerente duncabaré de moda, oGerny's, sito nosCampos Elisios. Édith Piaf actuou ocasionalmente neste lugar. Leplée deulle o alcume denena gorrión ("la Môme Piaf") xa que era de pequena estatura e cantaba coma ungorrión, cunha voz espléndida. A violenta morte de Leplée fixo dela a principal sospeitosa, aínda que ó cabo foi absolta. Asinou un contrato conPolydor e gravou o seu primeiro disco en1936,Les Mômes de la cloche (Os nenos mendigos[1]). O ano seguinte chegou ao granmusic-hall, o ABC.

Tumba de Édith Giovanna Gassion (Édith Piaf)

Jean Cocteau escribiu para ela a obra que sería o maior éxito de1940,Le Bel Indifférent (O Guapo Indiferente). Despois, asinou un contrato para participar no filmeMontmartre sur scène (Montmartre en escena), deGeorges Lacombe. Durante a guerra, Édith Piaf cantaba nos clubs emusic-halls, onde coñeceu a súa contemporánea alemáIlona Hesse, e dende onde axudaba os presos a fuxir. Trala guerra escribiuLa Vie en Rose (A Vida en Rosa), a máis coñecida das súas cancións, e traballou decote naComédie Française. Converteuse nunha icona parisiense e na musa dosexistencialistas. Nos anos 50, Édith Piaf xa era famosa en moitos países; o público norteamericano consagrouna en1956 noCarnegie Hall deNova York, ao que volveu con frecuencia.

Vida sentimental

[editar |editar a fonte]

Son varios os romances de Édith Piaf, dunha banda case todos os cantantes aos que apoiou e promoveu as súas carreiras:Yves Montand,Charles Aznavour ouGeorges Moustaki, tamén con xente coma o actorMarlon Brando.

Pero o grande amor da súa vida foi o boxeadorfrancés de orixepied noir, é dicir, nado naAlxeria,Marcel Cerdan, campión do mundo en peso medio, a pesar de que el estaba xa casado cando se coñeceron. A morte do boxeador o28 de outubro de1949 nun accidente de aviación nos Azores no vooParís-Nova York, cando ía reunirse con ela, some a artista nunha profunda depresión pola perda e polo seu sentimento de culpa e acentúa os seus problemas coa heroína e o alcohol. Cerdan non tiña previsto viaxar nese voo, pero, ante a insistencia de Piaff, cambiou os seus billetes con outro pasaxeiro para adiantar a súa volta. Deste romance xurdiu o filmeÉdith et Marcel.

En1951 comeza a súa relación co mencionado Charles Aznavour, coma secretario, asistente, chofer e confidente. Sería o autor dalgunhas das mellores cancións de Piaf, comaPlus Bleu que tes yeux ouJezebel.

En1953 comeza un programa de desintoxicación para combater a dependencia dos medicamentos, porén en1958 sofre un accidente de coche na compaña do seu novo compañeiro,Georges Moustaki, o que empeora a súa saúde e a dependencia da morfina.

Xa nos últimos anos, enferma e adicta, viviu un derradeiro amor de outono conThéo Sarapo, un grego moito máis novo que ela. Casa con Théo o9 de outubro de1962, aos 46 anos de idade.

Hai algúns detalles na súa biografía que son moi difíciles de aclarar, xa que ela mesma adoitaba esaxerar moitas anécdotas da súa vida. Por exemplo, contaba que estivera cega durante un período importante da súa vida, cando a verdade é que a súa enfermidade ocular, aínda que grave, nunca lle impediu ver. A súa autobiografía chámaseAu bal du chance.

Os seus restos foron levados aParís, onde se comunicou a súa morte, o11 de outubro. Esta data é a que figura oficialmente como data da súa defunción. Édith Piaf está enterrada no cemiterio dePère Lachaise. O seu enterro foi multitudinario, e a súa tumba segue a ser unha das máis visitadas do célebre cemiterio.

Enfermidade e morte

[editar |editar a fonte]

En1959 comeza unha serie de operacións cirúrxicas despois de esbarroarse nunha xira enNova York, estado de saúde agravado polo abandono de Moustaki.

Edith Piaf chega ao punto de case non manterse en pé e cantar só con importantes doses de morfina, como por exemplo unha serie de concertos ofrecidos en1961 na Sala Olympia deParís, uns dos máis emotivos da súa carreira e que salvaron o salón da bancarrota. Foi nesta serie de concertos onde interpretou unha das súas cancións máis famosas, gravada en1960 e que, segundo ela mesma, mellor definía a súa vida,Non, je ne regrette rien. A comezos de1963 grava a súa derradeira canción,L'Homme de Berlín, escrita porFrancis Lai eM. Vendôme.

Finalmente falece o10 de outubro de1963 a causa dun cáncer hepático. Foi soterrada ante unha gran multitude de admiradores no cemiterio dePère Lachaise, enParís, xunto ao seu pai e á súa filla Mercelle falecida tempo atrás aos dous anos de idade. Pese á súa fe católica prohibíronselle as exequias relixiosas dada a súa condición de divorciada.L'Osservatore Romano, xornal doVaticano, definiuna comoÍdolo da felicidade prefabricada e á súa vida comopecado público, porén o crego Villaret Thouvenin deulle a bendición final.

Filmes

[editar |editar a fonte]

Filmografía

[editar |editar a fonte]

Obras baseadas na súa figura

[editar |editar a fonte]

Cinema

[editar |editar a fonte]

Teatro

[editar |editar a fonte]

Galería de imaxes

[editar |editar a fonte]
  • Placa no lugar do nacemento de Edith Piaf
    Placa no lugar do nacemento de Edith Piaf
  • Edith Piaf na súa xuventude
    Edith Piaf na súa xuventude
  • Tumba de Edith Piaf
    Tumba de Edith Piaf
  • Edith Piaf en 1951
    Edith Piaf en1951
  • Edith Piaf xunto a Théo Sarapo
    Edith Piaf xunto a Théo Sarapo

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Aínda que a tradución literal de 'cloche' é 'campá', aquí fai referencia ao mundo dos mendigos, os 'clochards' derivando en 'cloche'.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Édith Piaf

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Édith_Piaf&oldid=7230689»
Categorías:
Categoría agochada:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp