
AÉcole Normale de Musique de Paris foi fundada en1919 polopianistaAlfred Cortot e o seu colegaAuguste Mangeot. Dende o principio, a institución gozou dunha reputación mundial pola calidade da súa ensinanza musical, con profesores comoPau Casals,Nadia Boulanger,Wanda Landowska,Paul Dukas,Henri Dutilleux eArthur Honegger.
A escola foi oficialmente aprobada polo Ministerio Estatal de Cultura e Comunicación. Nela formáronse varios concertistas e compositores de renome.Dinu Lipatti,Samson François eIgor Markevitch entre outras celebridades estudaron no ambiente de arquitectura daBelle Époque deste templo parisiense da música clásica.
Actualmente, a institución é dirixida porHenri Heugel e unConseil d'Orientation Musicale composto porPaul Badura-Skoda,Narcis Bonet,Elliott Carter,Jean Michel Damase,Jean Louis Mansart,Christian Ivaldi eKent Nagano. A escola ten 1200 estudantes e 120 mestres que ensinan tódalas disciplinas da música académica entre elas cursos teóricos, dirección de orquestra e composición. A escola está situada no corazón deParís e rexistrada como "Espacio Histórico" pola Administración Francesa. A súa sala de concertos, aSalle Cortot, é unha obra mestra daArt Déco deseñada poloarquitectoAuguste Perret, quen tamén deseñou oThéâtre des Champs-Élysées de París.