Este artigoprecisa de máisfontes ou referencias que aparezan nunhapublicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axudemellorando este artigo.(Desde outubro de 2015.) |
Ángel de Saavedra y Ramírez de Baquedano, máis coñecido polo seu título nobiliarioDuque de Rivas, nado enCórdoba o10 de marzo de1791 e finado enMadrid o22 de xuño de1865, foi un dramaturgo, poeta e políticoespañol, coñecido polo drama románticoDon Álvaro o La fuerza del Sino.
Estudou no Seminario de Nobres de Madrid durante once anos. Con só nove anos xa lle correspondía por descendencia aCruz de Cabaleiro deMalta, aBandeirola da Garda de Corps, oHábito de Santiago etc. En1807 foi alférez da Garda Real. Loitou con valentía contra as tropas napoleónicas sendo ferido na batalla de Ontígola. O Xeneral Castaños nomeouno capitán de Cabalaría Lixeira. Obtivo tamén o título de axudante do Estado Maior.
En1823, Rivas foi condenado a morte polas súas crenzas liberais e por participar no golpe de estado de Riego en1820. Ademais confiscáronselle os seus bens e fuxiu cara aInglaterra, despois pasou aMalta onde viviu cinco anos, marchando en1830 aParís. Despois da morte deFernando VII, regresou a España ao recibir a amnistía reclamando a súa herdanza e o seu título, ademais en1834 morreu o seu irmán máis vello e foille concedido o título deDuque de Rivas. Dous anos despois foi nomeado Ministro de Gobernación. Logo emigrou aPortugal por pouco espazo de tempo. Ao seu regreso foi elixido senador, alcalde de Madrid, embaixador e ministro plenipotenciario enNápoles eFrancia. FoiPresidente do Consello de Ministros durante un día, do Ateneo de Madrid e daReal Academia Española en1865.
| Reinado de Isabel II de España | ||
|---|---|---|
Segue a: Fernando Fernández de Córdova | Ángel de Saavedra | Precede a: Baldomero Espartero |
| Presidente do Goberno de España | ||