Durante aCampaña militar da África Oriental as forzasaliadas, lideradas porGran Bretaña, lograron derrotar aoRegio Esercito (Real Exército) italiano e conquistaron toda a rexión, co que desaparecía a colonia italiana.
O control na África Oriental Italiana foi exercido por poboadores nativos (somalís oueritreos), especialmente aqueles que aspiraban a integrar a súa cultura noImperio Italiano a través da políticafascista.[1]
Pero osetíopes opuxéronse frontalmente: en febreiro de1937, despois dun fracasado intento de asasinato dovicerrei italianoRodolfo Graziani, este ordenou aos soldados italianos saquear o famoso mosteiro etíope deDebre Libanos, onde os guerrillieros etíopes se refuxiaran temporalmente tras o fracaso do atentado. Os monxes e as monxas do mosteiro foron executados.[1]
Posteriormente, soldados italianos destruíron os asentamentos nativos deAddis Abeba, sendo asasinados uns 30 000 etíopes e as súas vivendas queimadas até os alicerces.[1][2]
A política colonial fascista na AOI tiña características típicas dodivide e vencerás: coa idea de dividir osamharas, cristiáns ortodoxos, oterritorio de Amhara reclamado poloseritreos foi entregado áGobernación de Eritrea, mentres que arexión do Ogadén, reclamada polossomalís, foi entregada áGobernación de Somalia.[1] Os esforzos de reconstrución despois da guerra de 1936 concentráronse na idea de beneficiar ás poboaciónsmusulmás a expensas doscristiáns ortodoxos de Amhara, para así fortalecer o apoio dos musulmáns ao poder colonial italiano.[1]
Oréxime fascista animou a campesiños italianos a que colonizaran a AOI mediante a creación alí de asentamentos agrícolas e pequenos establecementos industriais.[1] Porén, poucos italianos chegaron á colonia, e a maior parte dos que chegaron eran procedentes deEritrea. En1940 só 3 200 agricultores chegadran aEtiopía, menos do dez por cento que o Réxime fascista tiñasa fixado como meta final.[3] A persistente resistencia dos etíopes nativos, a falta de recursos, de terreo cultivábel, e a incerteza das condicións políticas e militares desalentou o desenvolvemento industrial e o asentamento no campo etíope.[3] Así e todo, aEritrea italiana experimentou un importante desenvolvemento apoiado por 80 000 colonos italianos.[4]
A colonia resultou ser moi cara de manter, e o orzamento da AOI en 1936-1937 solicitou de Italia nada menos que 19 136 millóns deliras para crear a infraestrutura que requiría a colonia, debido aos constantes ataques dos combatentes guerrillieros etíopes.[1] Os ingresos fiscais de Italia daquel ano só foron de 18 581 millóns de liras.[1] Tamén houbo un proxecto urbanístico para a ampliación deAddis Abeba, co fin de convertela na capital artística daAfrica Orientale italiana, aínda que estes plans arquitectónicos (ao igual que outros proxectos) víronse detenidos co inicio dasegunda guerra mundial.[5]
Xa iniciada a entrada na guerra de Italia, en1940, a colonia veciña daSomalia británica foi ocupada por forzas italianas e automaticamente absorbida pola África Oriental Italiana. Esta conquista foi un dos poucos éxitos italianos naÁfrica Oriental, que en1941 caería ante a ofensiva dosaliados e supuxo o fin de toda A AOI.
En1936, AÁfrica Oriental Italiana abarcaba todos os territorios da actualEtiopía, deEritrea e a maior parte deSomalia, coa excepción do territorio que compón a actualmente independentede factoRepública de Somalilandia (a antiga Somalia británica).
As divisións administrativas da colonia eran importantes para oréxime fascista no intento de destruír as estruturas do antigo imperio de Etiopía e de fundar un ordeamento político administrativo novo. Estas reformas incluían, ademais, a construción de ferrocarrís, estradas, escolas, oficinas postais, edificios públicos, centros de saúde, comisarías de policía e un sistema bancario.
En agosto de 1940 a África Oriental Italiana foi brevemente ampliada, cando o exército italiano conquistou aSomalia británica, anexionándoa ao territorio da gobernación de Somalia. Un ano máis tarde, volvéronse a separar cando a África Oriental Italiana foi ocupada polas forzasbritánicas, durante aCampaña de África Oriental no marco dasegunda guerra mundial.
En1917, en Italia, oBanco Italiano de Desconto promoveu a creación doBanco para a África Oriental como sociedade anónima, para as colonias deEritrea eSomalia. Este foi o primeiro intento para establecer un sistema bancario moderno noCorno de África, con sedes enMassawa eMogadixo, comezando as súas funcións en1918. En1923, o banco cesou nas súas actividades, tras a quebra do Banco Italiano de Desconto. Porén, outras institucións financeiras italianas instaláronse na África Oriental. Así, en 1939, a organización bancaria presente na AOI era a seguinte:
Nos anos20 e30 foron realizadas numerosas obras en estradas, dando lugar a unha rede de cerca de 18 000 km, entre as estradas prncipais e as secundarias, entre elas a estrada Asmara-Addis Abeba. En1940 completouse a estrada máis importante, entre as tres cidades principais:Asmara-Addis Abeba-Mogadixo.
LiñaMassaua-Asmara, de 118 km. En1887 os italianos construíron os primeiros treitos deste ferrocarril que, partindo da cidade portuaria de Massaua, alcanzaba o forte militar deSaati, de 26 km, rematada en1888. Posteriormente a vía alcanzou Asmara, en decembro de1911.
LiñaMogadixo-Villaggio Duca degli Abruzzi, de 113 km e concluída en1927.
As obras de colonización nestes campos foron diversas. Entre elas poden mencionarse ás do encoro de Tesenei, en Eritrea, e en Somalia, as de Villabruzzi e de Genale, no río Shebelle, mentres que no capítulo da minaría pódense citar as grandes salinas de Dante en Migiurtinia, consideradas na época como as máis grandes do mundo.