¡Basta Ya! era unha iniciativa cidadá española que inicialmente estivo formada por persoas de diversasideoloxías, co triplo propósito de opoñerse aoterrorismo en calquera das súas formas, apoiar as vítimas, e defender oEstado de dereito, aConstitución Española[Cómpre referencia] e oEstatuto de Autonomía do País Vasco[Cómpre referencia]. En 2010 era contraria aonacionalismo vasco[Cómpre referencia] e á política antiterrorista doPSOE[Cómpre referencia].
Pese ao carácter universalista dos seus ideais, a organización ten a súa razón de ser na oposición ao terrorismo deETA.¡Basta Ya! caracterízase polo seu carácter activista[Cómpre referencia], posto que non só defenden os mencionados ideais, senón que tamén os promoven mediante a convocatoria demanifestacións e actos de protesta.
No ano2000 recibiu doParlamento Europeo oPremio Sajarov, premio concedido a persoas ou organizacións que dedicaron as súas vidas ou accións á defensa dos dereitos humanos e asliberdades. Enmaio de2007, coa colaboración moitos dos seus membros, xurdiu no seu seo unha plataforma, aPlataforma Pro, cuxo obxectivo era a creación dun novopartido políticoespañol como alternativa aoPP e aoPSOE, partido plasmado enUnión Progreso y Democracia.
Coñecidos membros da plataforma sonJon Juaristi,Joseba Pagazaurtundua (asasinado por ETA no 2003),Maite Pagazaurtundua,Arcadi Espada,Carmen Igresias,Javier Urquizu,Iñaki Ezkerra,Agustín Ibarrola,Rosa Díez,Mikel Azurmendi eFernando Savater.