OPatrimonio da Humanidade daOrganización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para opatrimonio cultural ounatural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en1972. O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural. Esta é unha lista doPatrimonio da Humanidade en Bosnia e Hercegovina, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área.Bosnia e Hercegovina herdou deIugoslavia a adhesión á convención do 12 de xullo de 1993, xa que é un dos seus estados sucesores.
Ricardo Courtier, nado naCoruña o10 de marzo de1865 e finado enOurense o10 de decembro de1922, foi unmúsico ecompositorgalego. Nado nunha familia de músicos, é considerado o membro máis salientable da terceira xeración de músicos da saga Courtier. Logo de finalizar a súa formación instalouse naPobra de Trives, onde foi director dabanda de música. Foi precisamente nesta vilaourensá onde desenvolveu unha intensa labor fundando diversas agrupacións e compoñendo obras que serían interpretadas por estas. Posteriormente trasladouse coa súa familia á cidade de Ourense, onde residiu ata o seu falecemento, e onde foi director da Banda de Música Municipal. A súa obra salienta pola influencia damúsica tradicional galega, con harmonías sinxelas e formas típicas damúsica popular. Ademais do seu labor como compositor, Ricardo Courtier realizou arranxos para as distintas agrupacións que liderou.
AWikipedia é unha enciclopedia universal en liñamultilingüe, colaborativa e gratuíta. O propósito da Wikipedia é fornecer un contidolibre,obxectivo everificable que todas as persoas poidan editar e mellorar.
O proxecto está baseado encinco principios básicos, todo o contido está dispoñible baixo a licenzaCreative Commons BY-SA e pode ser copiado e reutilizado baixo esta mesma licenza.
De acordo coasnosas estatísticas, temos un total de 160 973 contas de usuario rexistradas na Galipedia, e entre elas 508 estiveron activas durante o último mes. Todas as persoas que editan a Galipedia son voluntarias, integrando unha comunidade colaborativa e coordinando os esforzos por medio deproxectos temáticos e diversosespazos de conversa.