Ata finais do século XX, a vida de Wollstonecraft, que abranguía varías relacións persoais non convencionais, recibía máis atención que a súa obra. Despois de dous malos asuntos conHenry Fuseli eGilbert Imlay (con quen tivo unha filla,Fanny Imlay), casou co filósofoWilliam Godwin, un dos devanceiros do movemento anarquista. Wollstonecraft finou á idade de 38 anos, once días despois de dar a luz a súa segunda filla, ficando atrás varios manuscritos inacabados. Esta filla, Mary Wollstoncraft Godwin, converteuse nunha consumada escritora, comoMary Shelley, a autora deFrankenstein ou o moderno Prometeo.
AWikipedia é unha enciclopedia universal en liñamultilingüe, colaborativa e gratuíta. O propósito da Wikipedia é fornecer un contidolibre,obxectivo everificable que todas as persoas poidan editar e mellorar.
O proxecto está baseado encinco principios básicos, todo o contido está dispoñible baixo a licenzaCreative Commons BY-SA e pode ser copiado e reutilizado baixo esta mesma licenza.
De acordo coasnosas estatísticas, temos un total de 159 402 contas de usuario rexistradas na Galipedia, e entre elas 525 estiveron activas durante o último mes. Todas as persoas que editan a Galipedia son voluntarias, integrando unha comunidade colaborativa e coordinando os esforzos por medio deproxectos temáticos e diversosespazos de conversa.