Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Portada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
mércores,26 de novembro de2025
Versión para móbiles
Nesta versión engalego, que comezou o8 de marzo de2003, xa temos227 874 artigos.

BenvidaCOMOsPreguntas frecuentesComunidadePolíticasArtigos de calidadeAxuda

Artigo destacado

OPatrimonio da Humanidade daOrganización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para opatrimonio cultural ounatural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en1972. O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural. Esta é unha lista doPatrimonio da Humanidade en Bosnia e Hercegovina, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área.Bosnia e Hercegovina herdou deIugoslavia a adhesión á convención do 12 de xullo de 1993, xa que é un dos seus estados sucesores.

Hai cinco sitios en Bosnia e Hercegovina na lista de Patrimonio da Humanidade e outros nove na lista de candidatos. O primeiro sitio, obarrio da Ponte Vella no centro histórico de Mostar, foi inscrita na lista durante a 29ª sesión da UNESCO en 2005. APonte de Mehmed Paša Sokolović enVišegrad inscribiuse na lista en 2007. O seguinte lugar foron oscemiterios de tumbas medievais stećci en 2016. Este último é un sitio transnacional, compartido conCroacia,Serbia eMontenegro. Dos 28 sitios de Stećci, 20 están situados en Bosnia e Hercegovina, sendo o máis destacado o deRadimlja. O máis recente sitio incluído na lista é acova de Vjetrenica. O bosque de Janj, parte dosfaiais primarios dos Cárpatos e outras rexións de Europa, e acova de Vjetrenica son ​​sitios naturais, mentres que os outros tres son culturais.

Sobre Galicia

Ricardo Courtier, nado naCoruña o10 de marzo de1865 e finado enOurense o10 de decembro de1922, foi unmúsico ecompositorgalego. Nado nunha familia de músicos, é considerado o membro máis salientable da terceira xeración de músicos da saga Courtier. Logo de finalizar a súa formación instalouse naPobra de Trives, onde foi director dabanda de música. Foi precisamente nesta vilaourensá onde desenvolveu unha intensa labor fundando diversas agrupacións e compoñendo obras que serían interpretadas por estas. Posteriormente trasladouse coa súa familia á cidade de Ourense, onde residiu ata o seu falecemento, e onde foi director da Banda de Música Municipal. A súa obra salienta pola influencia damúsica tradicional galega, con harmonías sinxelas e formas típicas damúsica popular. Ademais do seu labor como compositor, Ricardo Courtier realizou arranxos para as distintas agrupacións que liderou.

Tal día coma hoxe no ano...

Imaxe do día

Presentación

AWikipedia é unha enciclopedia universal en liñamultilingüe, colaborativa e gratuíta. O propósito da Wikipedia é fornecer un contidolibre,obxectivo everificable que todas as persoas poidan editar e mellorar.

O proxecto está baseado encinco principios básicos, todo o contido está dispoñible baixo a licenzaCreative Commons BY-SA e pode ser copiado e reutilizado baixo esta mesma licenza.

Participación

Podes consultar aAxuda e aGuía para obter máis información de como participar, nas que atoparás información de comocomezar a colaborar,editar artigos eusar imaxes libres. En caso de dúbidas síntete libre depreguntar.

Comunidade

De acordo coasnosas estatísticas, temos un total de 160 973 contas de usuario rexistradas na Galipedia, e entre elas 508 estiveron activas durante o último mes. Todas as persoas que editan a Galipedia son voluntarias, integrando unha comunidade colaborativa e coordinando os esforzos por medio deproxectos temáticos e diversosespazos de conversa.
Meta-Wiki
Meta-Wiki

Meta-Wiki
Coordinación

Wikimedia Commons
Wikimedia Commons

Commons
Multimedia

Wiktionary
Wiktionary

Galizionario
Dicionario

Wikibooks
Wikibooks

Galilibros
Libros

Wikisource
Wikisource

Galifontes
Documentos

Wikiquote
Wikiquote

Galicitas
Citas

Wikispecies
Wikispecies

Wikispecies
Especies

Wikinews
Wikinews

Wikinews
Novas

Wikiversity
Wikiversity

Wikiversity
Aprendizaxe

Wikivoyage
Wikivoyage

Wikivoyage
Viaxes

Wikidata
Wikidata

Wikidata
Datos

MediaWiki
MediaWiki

MediaWiki
Desenvolvemento

Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Portada&oldid=7053480»
Categoría:
Categoría agochada:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp