Assinfonías espurias ou de dubidosa autoría de Wolfgang Amadeus Mozart, son un conxunto de trinta e nove obras sinfónicas atribuídas nun principio ao compositor austríaco, e posteriormente probadas como espurias ou sobre cuxa autenticidade se teñen continuas dúbidas. Non se coñece con precisión o número real desinfonías escritas porWolfgang Amadeus Mozart; das corenta e unha formalmente numeradas, hai tres (números2,3 e37) das que se sabe sen ningunha dúbida que pertencen a outros compositores; por outra banda, os especialistas non están seguros da autoría dan.º 11. Con todo, á parte da secuencia aceptada de sinfonías números 1-41, existen outras vinte sinfonías auténticas de Mozart e, amais destas, unha longa lista de composicións problemáticas que non foron autenticadas como obras de Mozart. Algunhas destas composicións poden ser auténticas; de feito, as obras dubidosas son tratadas con frecuencia como auténticas polos que elaboran edicións recompilatorias. Non obstante, algunhas foron aceptadas durante moito tempo como obras doutros compositores, os cales foron identificados en moitos casos.
Moitas das dificultades de autenticación xorden coas sinfonías temperás de Mozart, das que se perderon as partituras autógrafas. Nalgunhas desapareceu completamente o corpo principal da obra, e só sabemos da súa existencia a raíz de que se conservou oincipit (anotación dos primeiros compases) catalogado porBreitkopf und Härtel, que publicou aAlte Mozart-Ausgabe (AMA) en1883. Os informais métodos de publicación e distribución de obras musicais do século XVIII é, do mesmo xeito, causa de confusión. Os erros de catalogación, baseados en información desaxeitada, e en ocasións unha impaciencia excesiva por atribuír novos descubrimentos a Mozart, agravaron o problema. Con todo, a lista de sinfonías «espurias e dubidosas» non é fixa, en tanto que poden xurdir novas evidencias que leven á autenticación das obras dubidosas, do mesmo xeito que, nun futuro, sinfonías xeralmente aceptadas como da autoría de Mozart poderían ser cualificadas como dubidosas ou mesmo ser consideradas espurias.
Ricardo Courtier, nado naCoruña o10 de marzo de1865 e finado enOurense o10 de decembro de1922, foi unmúsico ecompositorgalego. Nado nunha familia de músicos, é considerado o membro máis salientable da terceira xeración de músicos da saga Courtier. Logo de finalizar a súa formación instalouse naPobra de Trives, onde foi director dabanda de música. Foi precisamente nesta vilaourensá onde desenvolveu unha intensa labor fundando diversas agrupacións e compoñendo obras que serían interpretadas por estas. Posteriormente trasladouse coa súa familia á cidade de Ourense, onde residiu ata o seu falecemento, e onde foi director da Banda de Música Municipal. A súa obra salienta pola influencia damúsica tradicional galega, con harmonías sinxelas e formas típicas damúsica popular. Ademais do seu labor como compositor, Ricardo Courtier realizou arranxos para as distintas agrupacións que liderou.
AWikipedia é unha enciclopedia universal en liñamultilingüe, colaborativa e gratuíta. O propósito da Wikipedia é fornecer un contidolibre,obxectivo everificable que todas as persoas poidan editar e mellorar.
O proxecto está baseado encinco principios básicos, todo o contido está dispoñible baixo a licenzaCreative Commons BY-SA e pode ser copiado e reutilizado baixo esta mesma licenza.
De acordo coasnosas estatísticas, temos un total de 160 747 contas de usuario rexistradas na Galipedia, e entre elas 512 estiveron activas durante o último mes. Todas as persoas que editan a Galipedia son voluntarias, integrando unha comunidade colaborativa e coordinando os esforzos por medio deproxectos temáticos e diversosespazos de conversa.