Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Portada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
xoves,8 de maio de2025
Versión para móbiles
Nesta versión engalego, que comezou o8 de marzo de2003, xa temos221 103 artigos.

BenvidaCOMOsPreguntas frecuentesComunidadePolíticasArtigos de calidadeAxuda

Artigo destacado

Manuel de Falla y Matheu, nado enCádiz o23 de novembro de1876 e finado enAlta Gracia (Arxentina) o14 de novembro de1946, foi uncompositorandaluz donacionalismo musical. ConIsaac Albéniz,Enrique Granados,Joaquín Turina eJoaquín Rodrigo é un dos músicos máis importantes da primeira metade doséculo XX en España, e un dos compositores españois máis importantes de todos os tempos.

Pertenceu a unha acomodada familia de comerciantes gaditanos e recibiu formación musical dende a súa infancia, tanto depiano como desolfexo. Continuou os seus estudos con varios profesores e, grazas ás amizades familiares, entrou nos círculos culturais da cidade, particularmente na casa deSalvador Viniegra. Alí coñeceu as obras de importantes compositores. A súa primeira interpretación pública foi coa súa nai no recital para piano deDie sieben letzten Worte unseres Erlösers am Kreuze (engalegoAs sete últimas palabras de Cristo na cruz) deJoseph Haydn. Posteriormente, trasladouse a Madrid, onde continuou a súa formación en piano conJosé Tragó e compuxo obras para piano emúsica de cámara. Coñeceu aFelip Pedrell, quen foi unha notable influencia na súa posterior carreira e espertou o seu interese poloflamenco e ocante jondo. Máis tarde, marchou aParís, onde fixo amizade con diversos membros da sociedade cultural da cidade, comoPaul Dukas, Isaac Albéniz,Claude Debussy,Ricard Viñes (que o introduciu enLes Apaches),Maurice Ravel,Igor Stravinskii ouJoaquín Nin. Ao seu regreso a Madrid en 1914, estreitouse a súa relación conMaría eGregorio Martínez Sierra, e colaboraron nalgunhas das súas obras. Tivo unha destacada presenza na vida cultural e política da cidade e creceu a súa popularidade, e traballou conSergei Diagilev e os seusBallets Russes. En 1919 marchou a Granada, onde fixo relación conAntonio de Luna García,Federico García Lorca,Miguel Cerón,Fernando de los Ríos,Hermenegildo Lanz eManuel Ángeles Ortiz, entre outros, e puido coñecer con maior profundidade o flamenco e o cante jondo. En 1939, e finalizada en España aguerra civil, trasladouse á Arxentina, onde viviu ata o seu falecemento en 1946.

Sobre Galicia

Dorothé Schubarth, nada enBasilea o11 de setembro de1944 e finada na mesma cidade o6 de setembro de2023, foi unha investigadora, docente,musicóloga ecompositorasuíza. Tras facer estudos musicais na súa cidade natal, ampliounos logo enColonia eMúnic. Rexistrou, xunto conAntón Santamarina, primeiramente oCancioneiro galego de tradición oral, publicado en1982, e, posteriormente, o monumentalCancioneiro popular galego en sete volumes, editado en1984 e dixitalizado en2012 polaFundación Barrié. Recibiu, entre outros recoñecementos, oPremio da Crítica Galicia (1985), oPedrón de Honra (2013), dedicóuselle o primeiroDía das Galegas nas Letras, no ano 2014, e foi nomeada Mestra da Memoria en 2019 polaAsociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.

Tal día coma hoxe no ano...

Harry S. Truman

Imaxe do día

Presentación

AWikipedia é unha enciclopedia universal en liñamultilingüe, colaborativa e gratuíta. O propósito da Wikipedia é fornecer un contidolibre,obxectivo everificable que todas as persoas poidan editar e mellorar.

O proxecto está baseado encinco principios básicos, todo o contido está dispoñible baixo a licenzaCreative Commons BY-SA e pode ser copiado e reutilizado baixo esta mesma licenza.

Participación

Podes consultar aAxuda e aGuía para obter máis información de como participar, nas que atoparás información de comocomezar a colaborar,editar artigos eusar imaxes libres. En caso de dúbidas síntete libre depreguntar.

Comunidade

De acordo coasnosas estatísticas, temos un total de 154 321 contas de usuario rexistradas na Galipedia, e entre elas 274 estiveron activas durante o último mes. Todas as persoas que editan a Galipedia son voluntarias, integrando unha comunidade colaborativa e coordinando os esforzos por medio deproxectos temáticos e diversosespazos de conversa.
Meta-Wiki
Meta-Wiki

Meta-Wiki
Coordinación

Wikimedia Commons
Wikimedia Commons

Commons
Multimedia

Wiktionary
Wiktionary

Galizionario
Dicionario

Wikibooks
Wikibooks

Galilibros
Libros

Wikisource
Wikisource

Galifontes
Documentos

Wikiquote
Wikiquote

Galicitas
Citas

Wikispecies
Wikispecies

Wikispecies
Especies

Wikinews
Wikinews

Wikinews
Novas

Wikiversity
Wikiversity

Wikiversity
Aprendizaxe

Wikivoyage
Wikivoyage

Wikivoyage
Viaxes

Wikidata
Wikidata

Wikidata
Datos

MediaWiki
MediaWiki

MediaWiki
Desenvolvemento

Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Portada&oldid=7053480»
Categoría:
Categoría agochada:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp