Ud, século, a colección do Museo de Música de Barcelona
Oud (/uːd/;árabe: عودʿūd, plural: أعوادaʿwād;) é uninstrumento musical cordófono con forma de pera usado por árabes, gregos, turcos, persas, xudeus, bizantinos,azerís earmenios. Comparte orixe colaúde[1] e canda este está considerado predecesor daguitarra.[2]
A orixe do nomeud non está claro, en árabe:العود (al-ʿūd) significa, literalmente, "unha pequena peza de madeira fina", semellante á forma da palla; pode referirse aoplectro de madeira usado tradicionalmente para tocar o ud, ou ás finas tiras de madeira que se empregan no reverso, ou á tapa harmónica de madeira que o distingue doutros instrumentos similares que utilizaban a pel.[3]
Eckhard Neubauer suxeriu queud en árabe procede do persarōd ourūd, e que significa corda, cordófono ou laúde.[4] E outro investigador, o musicólogo Richard J. Dumbrill, afirmou querud viña do sánscritorudrī (instrumento de cordas) e que pasou ao árabe por medio dunha lingua semítica.[5]
A iconografía máis antiga que se conserva do ud é de hai 5.000 anos, nun selo cilíndrico do período deUruk no norte deSiria que se conversa noMuseo Británico.[6]
Na época contemporánea existen dous tipos de ud, o árabe e o turco, que non se debe confundir con outro instrumento semellante desenvolvido tamén por pobos turcófonos, oqomuz . Os uds turcos tamén se poden atopar enGrecia, e ocasionalmente noutras partes doMediterráneo, mentres que o uds árabes atópanse en todo o norte de África e en Asia occidental. Os árabes son normalmente meirantes cós turcos producindo un son máis completo e máis profundo, mentres o turco é máis tenso e estridente, xa que o turco ten unha afinación máis aguda có árabe. Os uds turcos tenden a ter unha construción máis lixeira cunha tapa harmónica inacabada. Os árabes teñen unha lonxitude de entre 61 e 62 centímetros, en comparación cos 58.5 dos turcos.<ref>
↑Mottola, R.M. (Summer–Fall 2008). "Constructing the Middle Eastern Oud with Peter Kyvelos".American Lutherie (94, 95)
↑Summerfield, Maurice J. (2003).The Classical Guitar, Its Evolution, Players and Personalities Since 1800 (5th ed.) Blaydon on Tyne: Ashley Mark Publishing