Narelixión exipcia, oka (k3) é o elemento incorpóreo da personalidade individual, unha especie de representación da enerxía vital conservadora e xeradora, posiblemente ligado en orixe á fertilidade sexual.
Oka constituía como un "dobre" da persoa viva, que a abandonaba no momento da morte. Podía entrar nela despois da morte cando a súa supervivencia estaba asegurada ao recibir as ofrendas funerarias. Pensaban que oka creábaoChnum nunha roda de oleiro ou que pasaba de pais a fillos a través do seme. Crían tamén que oka se sustentaba con comida e bebida, e por iso facíanlles ofrendas aos mortos. Desta comida, os mortos tomaban non o seu aspecto físico, senón o seukau.
Oka representábase habitualmente como unha segunda imaxe do invididuo, o que motivou que os primeiros exiptólogos traducisenka por "dobre".