| Instituto da Lingua Galega | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
Sede do ILG | |||||||
Instancia de | |||||||
Parte de | |||||||
| Persoas e organizacións | |||||||
Director/a executivo/a | |||||||
| Datas e cronoloxía | |||||||
Fundación | |||||||
| Premios | |||||||
Premios | |||||||
| Localización | |||||||
| |||||||
| Fontes e ligazóns | |||||||
Páxina WEB | |||||||
| Wikidata C:Commons |
OInstituto da Lingua Galega (ILG) é un instituto universitario pertencente áUniversidade de Santiago de Compostela creado en 1971[1][2] para promover o uso e normalización dalingua galega e estudala sincrónica e diacronicamente. Ten a súa sede en Santiago de Compostela, no número 4 da Praza da Universidade, edificio cuxa construción data de1640[3].
O seu primeiro director foiConstantino García González, estando á fronte da sección de lexicografíaAntón Santamarina Fernández, quen o substituíu no cargo (1991-2005). SucedéronosRosario Álvarez (desde finais do2005 a marzo de 2013),Ernesto González (marzo de 2013-xuño de 2018)[4],Xosé Luís Regueira[5] (2018-maio 2023) eElisa Fernández Rei, desde o 30 de maio de 2023.[6]
Tivo un papel destacado na elaboración das normas da lingua galega de 1982 de forma conxunta coaReal Academia Galega, como nas reformas de 1995 e 2004 aprobadas pola RAG[7]. Ademais, leva a cabo diferentes traballos coas novas tecnoloxías da información, coma oTesouro Medieval Informatizado da Lingua Galega (TMILG, en colaboración coCentro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades) ou oTesouro Informatizado da Lingua Galega (TILG).
Acolle no seu seo conferencias, congresos, simposios, xuntanzas e encontros sobre diferentes temas relacionados coalingua eliteratura galegas (normalización lingüística,historia da lingua galega, ensino,sociolingüística etc.)