Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Ernesto X. González Seoane

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Ernesto Xosé González Seoane»)
Modelo:BiografíaErnesto X. González Seoane
Biografía
Nacemento1962Editar o valor en Wikidata (62/63 anos)
O Porto do Barqueiro, EspañaEditar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela-Doutor en filosofía (–1992)
Universidade de Santiago de Compostela-licenciatura (1980–1985)Editar o valor en Wikidata
Director de teseManuel González GonzálezEditar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónlingüista, investigadorEditar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Santiago de Compostela(1990–)Editar o valor en Wikidata
Membro de

Enciclopedia Galega Universal: 131457BNE: XX1126243BUSC: gonzalez-seoane-ernesto-xoseDialnet: 1339173

Ernesto Xosé González Seoane, nado noPorto do Barqueiro (Mañón)[1] en1962, é un lingüista galego, foi director doInstituto da Lingua Galega e académico daReal Academia Galega dende 2025.

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

En 1985 licenciouse en filoloxía hispánica polaUniversidade de Santiago de Compostela. En 1992 doutorouse coa teseA ortografía e a gramática do galego nos estudios gramaticais do s. XIX e primeiros anos do XX, coa que logrou o premio extraordinario de doutoramento.[2] Profesor e máis tarde catedrático do departamento de filoloxía galega da USC, foi decano da facultade de filoloxía (2004-2012) e vicerretor de Profesorado.[3] Dirixiu oDicionario de dicionarios do galego medieval e editou obras deCastelao eRamón Otero Pedrayo. Entre 2013[4] e 2018 dirixiu oInstituto da Lingua Galega.

Realizou estadías docentes e científicas na City University of New York, aUniversidad de Buenos Aires e a Georgetown University. Participa activamente no desenvolvemento doTesouro do léxico patrimonial galego e portugués.[5]

Ten colaborado enRevista internacional de lingüística iberoamericana,Boletín da Real Academia Galega,Grial: revista galega de cultura,A Trabe de ouro: publicación galega de pensamento crítico eCadernos de lingua.

Foi elixido membro correspondente da Real Academia Galega en 2004.[6] Dúas décadas máis tarde, en outubro de 2025, foi escollido[7] polo plenario como académico de pleno dereito, en substitución do finado deBernardino Graña.

Obras colectivas

[editar |editar a fonte]
  • Entre a vendima e a castañeira deRamón Otero Pedrayo (1999). Editor.
  • Dicionario de dicionarios do galego medieval (2006). Director.
  • A estandarización do léxico (2003). Coeditor conMaría Álvarez de la Granja.
  • A lexicografía galega moderna. Recursos e perspectivas (2008). Coeditor conAntón Santamarina e con Xavier Varela.
  • Lexicografía de las lenguas románicas (2014). Coeditor.
  • Léxico dialectal y lexicografía en la Iberorromania,Calen barbas, falen cartas. A escrita en galego na Idade Moderna (2020). Coeditor.
  • Manual of Galician Linguistics (2025).Coeditor

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. "González Seoane, Ernesto".Editorial Galaxia. Consultado o2025-10-14. 
  2. "ERNESTO XOSE GONZALEZ SEOANE - Universidade de Santiago de Compostela".investigacion.usc.gal. Consultado o2025-10-14. 
  3. "A RAG elixe a Ernesto González Seoane académico de número e a Xosé M.ª Gómez Clemente correspondente".Real Academia Galega. 2025-10-11. Consultado o2025-10-14. 
  4. "Ernesto González Seoane: «A situación do idioma galego é manifestamente mellorable»",La Voz de Galicia, 26 de marzo de 2013
  5. editor.raquel.vila (2013-11-17)."Ernesto X. González Seoane".Instituto da Lingua Galega(encastelán). Consultado o2025-10-14. 
  6. Membros corespondentes da RAG
  7. "El catedrático de Filoloxía Galega e Portuguesa Ernesto González Seoane, nuevo académico de la RAG".El Correo Gallego(encastelán). 2025-10-11. Consultado o2025-10-11. 
Membros de número daReal Academia Galega
Plenario
actual
Históricos
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Ernesto_X._González_Seoane&oldid=7205781»
Categorías:
Categoría agochada:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp