Dicionario da Real Academia Galega
Ferramentas
Xeral
Imprimir/exportar
Noutros proxectos
| Dicionario da Real Academia Galega | |||
|---|---|---|---|
Título | |||
Instancia de | |||
Lingua | |||
| Publicación | |||
Editorial | |||
Edicións | |||
| Datas e cronoloxía | |||
Precedido por | |||
| Identificadores | |||
| |||
| Wikidata | |||
ODicionario da Real Academia Galega (DRAG) é un dicionario engalego, unicamente dispoñible en formato dixital, producido polaReal Academia Galega e herdeiro doDiccionario da Real Academia Galega. Foi estreado en abril do 2012, cunhas 50.000 entradas,[1] coa pronunciación de todas as palabras.[2] En xuño de 2013 o dicionario actualizouse e acadou as 52.000 entradas, engadíronse os sinónimos e sete criterios de busca, tendo en conta a palabra completa, o comezo, o remate, letras que a conforman, contidos da súa definición, exemplos ou tamén a que grupo de tecnolecto pertence.[3] En novembro do 2016 foi actualizado a 60.000 entradas.[4]