(2012) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (gl) Antón Luís Santamarina Fernández 18 de febreiro de 1942 San Martín de Suarna, España |
| Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
| Director de tese | Constantino García |
| Actividade | |
| Ocupación | lingüista, profesor universitario |
| Membro de | |
| Obra | |
| Doutorando | Xosé Luís Regueira,Gonzalo Navaza eHenrique Monteagudo |
| Familia | |
| Cónxuxe | María do Carmo Ríos Panisse |
| Fillos | Duarte Santamarina Ríos, Cibrán Santamarina Ríos |
| Premios | |
Antón Luís Santamarina Fernández, nado enSan Martín de Suarna (A Fonsagrada) o18 de febreiro de1942, é un lingüista galego, catedrático de filoloxía románica na Facultade de Filoloxía daUniversidade de Santiago de Compostela e membro daReal Academia Galega. É un experto enlexicografía recoñecido internacionalmente.
En1967 graduouse en Filosofía e Letras naUniversidade de Santiago de Compostela coa memoria de licenciaturaVocabulario del Valle del Suarna, e doutorouse en1973 coa teseEl habla del valle de Suarna, dirixida polo profesorConstantino García, sobre os dialectos orientais do galego e en concreto da lingua falada enSan Martín de Suarna.
Profesor adxunto interino desde1967[1], compaxinou o cargo de profesor da Universidade de Santiago, por oposición desde1975, co de secretario doInstituto da Lingua Galega entre1971 e1991. En1991 foi elixido polo consello científico director do Instituto da Lingua Galega, deixando este cargo no2005.
Foi tamén secretario do departamento de Lingua Galega naXunta preautonómica en1979, cargo que lle permitiu comezar coa implantación do ensino do galego naEXB e oBUP. Desde 1979 é secretario da Comisión deToponimia daConsellería de Educación e Ordenación Universitaria.
En1983 gañou a cátedra de Filoloxía Románica enCádiz pero permaneceu na Universidade de Santiago, obtendo a cátedra nesta en setembro dese mesmo ano. Entre1992 e1997 foi vicepresidente doConsello da Cultura Galega.
O24 de outubro de1998 ingresou naReal Academia Galega co discursoA linguaxe e as linguas:Ramón Piñeiro revisitado ós 30 anos do seu ingreso na Real Academia Galega.[2] Foi presentado porMarino Dónega Rozas eCarlos Casares Mouriño.
Foi codirector, conManuel González González, doDicionario da Real Academia Galega do2012.[3]
Casou conMaría do Carmo Ríos Panisse, e foi pai de Cibrán e Duarte Santamarina Ríos.

Xa en1971, xunto aGuillermo Rojo,Ramón Lorenzo eJosé Luis Couceiro, publicou os libros de textoGalego 1, 2 e3 (1971-1974). Neste último ano comezou a dirixi-la revistaVerba. Anuario galego de Filoloxía, desde o primeiro número ata o nº 13, en1986, data na que pasou a se-lo Secretario desta publicación.
Participou en numerosas obras colectivas fundamentais na fixación do estándar e na pescuda lexicográfica e etnolingüística galega. Así, participou na elaboración da primeira edición dasNormas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego (1982); coescribiu oCancioneiro popular galego que elaborou conDorothé Schubarth[4]; colaborou e dirixiu oAtlas lingüístico galego (1987-2003); coordinou, xunto aConstantino García, oDiccionario da lingua galega editado polaReal Academia Galega-Instituto da Lingua Galega (1990); e foi coordinador, xunto aManuel González González, doVocabulario ortográfico da lingua galega , editado tamén pola Real Academia Galega-Instituto da Lingua Galega en2004[5].
Desde1986 dirixe desde o ILG oTesouro Informatizado da Lingua Galega, unha base de datos con máis de once millóns (11 409 358 en novembro de 2007) de rexistros extraídos de textos publicados desde1612 á actualidade.
Dirixiu oDicionario de Dicionarios, editado en2000 en formato electrónico polo Instituto da Lingua Galega e aFundación Barrié, patrocinado pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. A terceira edición (2003) contén máis de 300.000 entradas extraídas de 25 dicionarios e vocabularios editados ou inéditos, así como de textos deMartín Sarmiento.
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Antón Santamarina |