Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


  


Inicio

NAVEGA POLOS
BLOQUES LINGUÍSTICOS

Bloque Occidental
Bloque Oriental
Bloque Central
 
 

Descarga o libro en PDF (881 kbs)
Descarga as gravacións (ZIP. 84 Mb)
 A Nosa Fala
Bloques e Áreas Lingüísticas do Galego
(versión interactiva con audio)
 

Presentación

A Nosa Fala recompila unha parte importante da nosa  dialectoloxía oral, con textos de diferentes xeracións de falantes, rexistrados entre mediados dos anos 70 e mediados dos 90 do pasado século. Atendendo a criterios extralingüísticos, procurouse que a temática da escolma fose o máis variada posible, que fose amena para estudantes e ensinantes de lingua galega, mais tamén de posible utilidade para un etnógrafo, un historiador ou un sociólogo interesados pola Galicia anónima, a de onte e a de hoxe.

Os temas tratados son moi diversos co fin de dar unha imaxe real dalgunhas das moitas Galicias existentes. Nos textos fálase da pesca e do marisqueo no Cantábrico, na Costa da Morte ou na ría da Arousa, da pesca no banco canario-sahariano e de como se cultiva o viño en Mondariz e en Amandi ou os tomates no Rosal. Trátase a guerra do 36 na comarca compostelá e a dura posguerra, con historias do contrabando no Baixo Miño ou sobre os portugueses que viñan á seitura á arraiana terra da Mezquita.

Fálase da rapa das bestas de Sabucedo, das muiñadas, das ruadas e doutras diversións da mocidade de antes, do entroido e da mata do porco, do liño e das fiadas, pero tamén da irrupción de novos inventos como o fax, da limpeza das praias e dos incendios forestais. Tamén está presente a "Galicia irredenta" dos vellos galeguistas, con textos do Eo-Navia, O Bierzo e As Portelas.

En 1996, o Consello da Cultura Galega, a través do Arquivo Sonoro de Galicia, editou un libro acompañado de tres casetes, con 15 textos do galego do bloque occidental e 90' de gravación, 19 textos do galego do bloque central nunha casete de 60' e 9 textos do galego bloque oriental en 30'. Debido ao éxito acadado, fíxose unha segunda edición en 2003, nesta ocasión co material audio presentado en CD,s. No mapa, xeolocalízanse estas mostras da nosa lingua.

Edición de Francisco Fernández Rei e Carme Hermida
Gravacións : 
INSTITUTO DA LINGUA GALEGA | Arquivo do Galego Oral


[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp